Ao entrar na páxina podemos ver unhas imaxes que se van cambiando por outras, estas imaxes tratan de animais que están sendo maltratados. Estas imaxes son bastante desagradables e fanos pensar na crueldade das persoas contra os animais. Eu creo que a elección destas imaxes é moi acertada, xa que desta forma nada máis entrar, sentimos un mal estar, debido ás atrocidades que sofren os animais.
Nesta páxina as cores máis empregadas son o vermello, unha boa eleccíon xa que representa o sangue e a violencia; o negro e o branco, para as letras, esta é outra gran elección, xa que se fai máis lixible a mensaxe.
Ademáis disto, podemos encontrar varios links, os cales permítenos acceder ás redes sociais da páxina e así poder acceder a elas con moita másis facilidade, e tamén permite que as persoas que visiten esta web, poidan enterarse antes das novidades. Ademáis disto, a páxina permítenos escoller outro idioma (inglés) para a súa visualización e dar doacións.
O logotipo empregado gústame, a pesar de que sexa bastante simple, xa que se deixa de adornos e é moi directo na mensaxe que nos quere transmitir, que sería deter o maltrato.
Na miña opinión, é unha páxina moi ben creada e que chama a atención, o impacto que nos produce queda nas nosas mentes, incluso despois de abandoar a páxina. Eu penso que non lle habería que engadir nada á páxina.
Na miña opinión, é unha páxina moi ben creada e que chama a atención, o impacto que nos produce queda nas nosas mentes, incluso despois de abandoar a páxina. Eu penso que non lle habería que engadir nada á páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario